O Nokia 8110 4G terá WhatsApp en breve
xoves, 5 de xullo do 2018
O vindeiro 15 de agosto vai chegar ao mercado da India o smartphone
JioPhone 2, que non só destaca por ter un teclado QWERTY, senón porque tamén,
este básico dispositivo con só 512 MB de RAM e 4 GB de almacenamento que
funciona con KaiOS, anuncian
que vai contar con WhatsApp entre as súas aplicacións, o que atende
claramente ao alto nivel de uso desta ferramenta da comunicación no país asiático.
Dado que estamos ante un móbil que só custará 2.999 rupias (37 euros) temos así
unha das solucións máis asumibles para gozar de ferramentas de mensaxería
instantánea móbiles.
O terminal, pese ao seu reducido prezo, tamén conta con radio FM, GPS, Wi-Fi,
Bluetooth e NFC, de xeito que pode ser de grande utilidade para millóns de
usuarios potenciais que non demandan terminais de grandes prestacións pero
tampouco queren quedar desconectados do mundo.
O bo da confirmación de que o JioPhone 2 vai contar con WhatsApp é que, por extensión,
esta aplicación
tamén chegará en poucas semanas a outros móbiles con KaiOS, como o novo Nokia 8110 4G, que xa
está á venda en
España por uns 79 euros, e que como principal eiva tiña precisamente a
carencia dunha aplicación que os consumidores consideran imprescindible a día
de hoxe.
- Finalmente o Nokia 8110 4G será un dispositivo que permitirá gozar de numerosos servizos en liña pese ao seu limitado hardware