O Nokia 8.1 aposta pola calidade en cámaras e pantalla
mércores, 5 de decembro do 2018
HMD
Global continúa a ampliar a familia de móbiles insignia de Nokia, presentando agora o
Nokia 8.1, que destaca pola incorporación dunha boa cámara con óptica ZEISS
e estabilización óptica de imaxe, o que xunto cunha pantalla PureDisplay con
HDR 10 promete ofrecer unha magnÃfica experiencia de uso, grazas tamén a correr
con Android 9 Pie, de xeito que goza da última versión de Android dende o
primeiro momento (sen ter que agardar meses como acontece como moitos dos
últimos lanzamentos).
O Nokia 8.1 ten unha
cámara traseira de 12 MpÃxeles cun sensor con pÃxeles de 1,4 micras para captar
a luz dun xeito preciso e conseguir imaxes máis detalladas, ao que tamén
contribúe a óptica ZEISS, a estabilización óptica de imaxe (OIS) e un enfoque
automático superrápido. Conta tamén cun sensor de profundidade de 13 MpÃxeles
que facilita un efecto de desenfoque de fondo bastante preciso.
A cámara frontal, pola súa banda, conta cun sensor de 20 MpÃxeles que en
condicións de baixa luminosidade combina os pÃxeles de 4 en 4, conseguindo asÃ
uns selfies nocturnos de calidade.
Tamén permite gravar vÃdeo 4K, algo pouco habitual neste tipo de cámaras.
O procesador elixido para o Nokia 8.1 é o Snapdragon 710, o que supón unha
mellora en rendemento do 20% con respecto ao Nokia 8, chegando a mellora até o 35%
cando falamos dos gráficos. Este procesador tamén conta con soporte de aptX, ou
sexa, que permite gozar de son de calidade a través de Bluetooth, o que
agradecerán os audiófilos.
No tocante á súa pantalla, o Nokia 8.1 segue a tendencia actual do mercado e
integra unha pantalla Full HD+ de 6,18 polgadas con marcos moi reducidos e
pestana superior. Está equipado con 4 GB de RAM, 64 GB de almacenamento e
baterÃa de 3.500 mAh con carga rápida de 18 watts que promete até dous dÃas de
autonomÃa tirando proveito da caracterÃstica de baterÃa adaptable de Android 9.
En conectividade ten Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0 e NFC; sitúa o seu lector de
pegadas dixitais na parte traseira e non esquece contar cun conector de
auriculares (cada vez menos presente nos móbiles). Chegará ao mercado a mediados
de mes a un prezo de 399 euros.
VÃdeo promocional do Nokia 8.1