O Nokia 7900 Crystal Prism, a nova xoia da telefonía móbil

mércores, 23 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Nokia, trala presentación dun par de terminais de baixo prezo, decidiu amosar un novo móbil que vai nunha liña totalmente oposta, que se incorpora á familia Prism, cun deseño xeométrico e esteticamente impresionante, que presenta un botón central en forma de cristal de zafiro e unha cuberta traseira de alumino percorrida por liñas curvas.
O Nokia 7900 Crystal Prism ten 1 Gb de memoria interna, reprodutor de música e vídeo, pantalla OLED cunha resolución de 320 x 240 píxeles, cámara de 2 Mpíxeles con flash, e conectividade 3G, que se venderá no primeiro trimestre do ano por uns 375 euros (sen IVE).
O usuario tamén pode personalizar a luz do keymat elixindo entre 49 cores distintas.

PUBLICIDADE