O Nokia 3310 terá versión 3G
xoves, 28 de setembro do 2017
O lanzamento
do novo Nokia 3310 creou moita expectación, pese a ser un teléfono de
reducidas prestacións e prezo esaxerado, pero vese que o produto tivo unha boa
acollida, o que levou a HMD Global a decidir actualizalo, de xeito que agora
presentan o Nokia
3310 3G, terminal telefónico que chega ao mercado en novas cores e con
conectividade 3G, algo do que carecÃa o modelo anterior, e co que pretenden que
o móbil teña unha maior vida (aÃnda que hai mercados nos que o 3G deixará de
operar antes que o 2G).
Este novo teléfono continúa a non ser un smartphone, pese o que seu prezo
oficial será de 69 euros (prezo polo que poden atoparse smartphones
económicos) e como principal atractivo terÃa que a súa autonomÃa é de 6,5 horas
en conversa e até 27 dÃas en espera, ou sexa, que é un produto orientado ao uso
de voz ou para, simplemente, levalo no vehÃculo para casos de emerxencia.
O Nokia 3310 3G é un terminal móbil básico, con Bluetooth 2.1, toma para
auriculares, radio FM e reprodución de MP3 (grazas principalmente a que soporta
tarxetas microSD de até 32 GB), pantalla de cor de 2,4 polgadas e cámara de 2
MpÃxeles con flash LED, sendo estes dous últimos elementos a principal
diferenza con respecto ao modelo orixinal (deixando claro que estamos ante un
dispositivo moi diferente, que practicamente só coincide en nome e estética).
Este teléfono sairá á venda inicialmente en Australia a medidos de outubro para
pasar logo a venderse paulatinamente no resto do mundo.