O Motorola i1 combina Android e push-to-talk

martes, 23 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Durante o encontró CTIA Motorola presentou o seu primeiro móbil en combinar a tecnoloxía push-to-talk co sistema operativo Android, o Motorola i1, que conta cunha pantalla táctil de 3,1 polgadas cunha resolución de 320 x 480 píxeles, cámara de 5 Mpíxeles con flash LED, Wi-Fi e lector de tarxetas microSD.
No tocante á versión do sistema operativo, sorprende que aínda funcione co Android 1.5, así coma o feito de que teña preinstalado o navegador Opera Mini 5 con soporte de Flash 8. Tamén cumpre cos estándares militares 810F, que garante o seu bo funcionamento baixo condicións meteorolóxicas adversas.
Este interesante terminal comezará a comercializarse nos EE.UU. o vindeiro verán da man de Sprint, que será a operadora que comercializará este interesante produto capaz de combinar as bondades dun teléfono iDEN cun smartphone.