O Motorola XOOM con 3G chega a España

luns, 1 de agosto do 2011 Marcus Fernández

O tablet insignia do Android 3.0, o Motorola XOOM, estreará este mesmo mes a súa versión con conectividade 3G, estando dispoñible nos centros de El Corte Inglés a un prezo de 599 euros, descoñecéndose polo momento se algunha operadora de telefonía móbil optará por subvencionar o dispositivo a través da contratación dunha tarifa de banda larga móbil cun compromiso de permanencia.
A este lanzamento acompáñao a comercialización de varios accesorios para o Motorola XOOM, como un par de bases multimedia (unha con HD) e un teclado específico para o tablet (que inclúe teclas dedicadas para funcións de Android).
O Motorola XOOM é o primeiro tablet que soporta oficialmente o sistema operativo Android 3.0, ten unha pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, procesador de dobre núcleo a 1 GHz, ata 32 Gb de almacenamento interno, cámaras de 2 e 5 Mpíxeles, conectividade Wi-Fi N, micro USB, saída HDMI, acelerómetro, compás dixital, aGPS, Bluetooth 2.1, soporte de Adobe Flash 10 Player, un peso de 730 gramos e unha autonomía de ata 10 horas navegador pola web a través de Wi-Fi (9 horas no caso de empregar a conectividade 3G).

PUBLICIDADE