O Moto E renóvase integrando 4G e unha pantalla máis grande
mércores, 25 de febreiro do 2015
Os
fabricantes de telefonÃa parecen ter claro que nos vindeiros meses os usuarios
demandarán terminais con conectividade 4G incluso nos dispositivos de entrada,
e asà como Sony
presentou o Xperia E4g, que por uns 129 euros ofrecerá LTE e unha boa
autonomÃa, agora chega Motorola e dá a coñecer que o seu novo Moto E chegará ás
tendas o vindeiro dÃa 28 a un prezo recomendado de 129 euros, contando tamén co
cada vez máis presente 4G.
O novo
Moto E supón a incorporación dunha pantalla máis grande, un procesador máis
potente, unha cámara con enfoque automático, unha cámara frontal, e o dobre de
almacenamento interno, de xeito que é unha excelente actualización que fai que
a gama baixa de 2015 goce de prestacións que en 2014 só tiñan os dispositivos
de gama media, democratizando un uso
fluÃdo da tecnoloxÃa móbil.
Detallando as especificacións temos que o novo Moto E é un smartphone 4G con
Android 5.0 que funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 410 de catro
núcleos a 1,2 GHz con gráfica Adreno 306, 1 GB de RAM, 8 GB de almacenamento
interno (ampliable mediante tarxetas de memoria microSD), pantalla de 4,5
polgadas cunha resolución de 960 x 540 pÃxeles, cámaras de 5 e 0,3 MpÃxeles,
Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, baterÃa de 2.390 mAh (moi superior ao habitual en smartphones
semellantes), recubrimento resistente á auga, 12,3 milÃmetros de grosor e 145
gramos de peso.
VÃdeo promocional do novo Moto E