O Moto 360 chega como o produto insignia de Android Wear
martes, 18 de marzo do 2014
Coincidindo coa presentación de
Android Wear, Motorola deu a coñecer o seu smartwatch Moto 360, que fará uso desta
tecnoloxía para converterse no reloxo de pulso do futuro, que pretende achegar
información de interese mediante sutís alertas e notificacións coas que o
dispositivo quere anticiparse ás propias demandas do usuario. Este reloxo
permite que poidamos saber quen nos chama por teléfono ou nos remite un e-mail,
ou consultar a hora da nosa vindeira reunión ou a última entrada dun amigo
nunha plataforma social con só botar unha ollada ao reloxo, que xa non servirá
só para mirar a hora.
O
Moto 360 tamén responderá a ordes de voz, de xeito que tras dicirlle “Ok
Google” podemos facerse preguntas que responderanse facendo uso da tecnoloxía
de Google Now, pero sen ter que chegar a sacar o móbil do peto. Tamén poderemos
reservar voos, apuntar citas na axenda, pór unha alarma ou mandar unha mensaxe
de texto falando directamente con este reloxo que chegará ao mercado no verán,
comezando a súa distribución polos EE.UU.
Para saber máis deste novo dispositivo podemos atender mañá ás 19:00 horas a un Hangout no
que Jim Wicks (Motorola) compartirá numerosos detalles deste novo produto.
- O Moto 360 achegará notificacións dun xeito sutil e efectivo
Vídeo de presentación do Moto 360