O Microsoft Edge basearase en código aberto
venres, 7 de decembro do 2018
Para librarse do lastre que supuña o navegador web Internet
Explorer dende Microsoft pasaron a integrar o Microsoft Edge en Windows, unha
proposta fresca e nova, que consegue un magnÃfico rendemento, pero que, ao
chegar nun momento no que o Chrome ten dominado o mercado, non goza dunha
grande compatibilidade con certas páxinas web que están deseñadas coa vista
posta no navegador web de Google, polo que finalmente dende a compañÃa de Redmond
danse por vencidos, e anuncian que van renovar o Microsoft Edge mudando o seu
motor, que pasará
a estar baseado no proxecto de código aberto Chromium, ou sexa, que
empregará a mesma tecnoloxÃa que Chrome, mellorando asà a súa compatibilidade.
Este cambio non só supón un cambio importante para Edge, senón que tamén suporá
un pulo para Chromium, xa que Microsoft pasa a converterse nun grande contribuidor
a este proxecto de código aberto, de xeito que o traballo que desenvolvan nos
vindeiros anos beneficiará ao conxunto de navegadores web actuais.
A adopción de Chromium por parte de Microsoft contribuirá a evitar a fragmentación
da web, tanto para escritorios informáticos como para dispositivos móbiles, e
incluso poderÃa servir para levar a Microsoft Edge a máis plataformas (como
macOS) e mellorar o funcionamento do navegador web en equipos con procesadores ARM.
O Microsoft Edge baseado en Chromium estreará a súa versión preliminar a
primeiros de 2019, cando comezará a probarse esta nova versión do navegador web
antes da transformación radical da aplicación que distribúen con Windows e que
poderá asà conseguir unha mellor aceptación por parte do público.