O Mi MIX 2 convértese no smartphone chinés de referencia en deseño
luns, 11 de setembro do 2017
O
pasado outono Xiaomi
sorprendeu ao mundo do seu smartphone Mi MIX, que presentaba unha pantalla
de 6,4 polgadas sen marcos laterais nin superiores, de xeito que a pantalla
chegaba a ocupar o 91,3% da superficie frontal do terminal en contraste co
67,7% que ocupa a pantalla do iPhone 7 Plus, de xeito que tiñamos a impresión
de que o fabricante chinés conseguira adiantarse a Apple en case un ano. Pero
como os novos iPhone non chegarán até mañá, aÃnda habÃa tempo para que Xiaomi puidese
demostrar o seu nivel de innovación e o coidado deseño do que son quen, e
decidiron celebrar unha grande
presentación xusto na véspera da cita de Apple, buscando claramente
confrontar a oferta de ambas compañÃas para os vindeiros meses, e situando no
escaparate o seu novo
Mi MIX 2.
O Mi MIX 2 non avanzou medrando en todos os factores, senón que presenta un
deseño máis racional, de xeito que optaron por reducir lixeiramente o seu
tamaño para facelo máis manexable (algo que agradecerán moitos usuarios, xa que
a carencia de marcos fai que o dispositivo sexa bastante fráxil, e un tamaño demasiado
ancho pode dificultar o seu agarre). Temos asà unha pantalla de 5,99 polgadas
cunha resolución de 2.160 x 1.080 pÃxeles (relación 18:9), procesador Qualcomm
Snapdragon 835, 6 GB de RAM, 64/128/256 GB de almacenamento interno, cámara
traseira con sensor Sony IMX386 de 12 MpÃxeles e estabilización óptica de 4
eixes, novo altofalante de membrana de alta potencia (corrixindo asà o mal resultado
do altofalante piezoelétrico da xeración anterior), baterÃa de 3.400 mAh
recargable por USB-C, Bluetooth 5.0 e 43 bandas LTE (para aproveitar a banda
larga móbil dispoñible en todo o mundo).
Sae á venda o vindeiro venres con 6 GB de RAM e capacidades de almacenamento de 64, 128 e 256 GB
por 3.299 iuans (421 euros), 3.599 iuans (459 euros) e 3.999 iuans (510 euros)
respectivamente, aÃnda que tamén haberá unha Special Edition con corpo cerámico, 8 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento a un prezo de 4.699 iuans (600 euros), que é o modelo que busca
converterse no grande referente no que a deseño de luxo se refire. AÃnda que
poden parecer prezos elevados para móbiles chineses, realmente estamos ante
smartphones que compiten coa alta gama de Apple e Samsung, móbiles que custan
practicamente o dobre, polo que o Mi MIX 2 poderÃa converterse en nun produto
moi atractivo para usuarios que queren ter un smartphone cun deseño
impresionante, aÃnda que prescinda dunha pantalla cunha calidade como as de
Samsung ou da dobre cámara que imperou nos últimos meses.
- O Mi MIX 2 conta con grande compatibilidade coas redes 4G internacionais
- O Mi MIX 2 ten un deseño moi coidado, atrevéndose unha vez máis a prescindir de 3 dos 4 marcos da súa parte frontal
A presentación de Xiaomi desta mañá vista en vÃdeo