O Mi 11 chegará a España este mes a un prezo que parte dos 749 euros
martes, 9 de febreiro do 2021
Xiaomi presentou o seu novo móbil insignia, o Mi 11, que este mes chegará ás tendas a
un prezo de 749 euros con 128 GB de almacenamento interno e de 799 euros con
256 GB de capacidade, prezo bastante agresivo para competir cos móbiles de gama
alta do resto de fabricantes cos que busca compararse destacando que funciona
cun potente procesador Qualcomm Snapdragon 888, unha cámara traseira tripla cun
sensor principal de 108 MpÃxeles e tecnoloxÃa de carga rápida que chega até os
50 watts sen fÃos.
A cámara traseira do Mi 11 é o máis rechamante deste móbil, xa que Xiaomi
decidiu limitarse a 3 cámaras traseiras en vez de caer na tentación de engadir
sensores de pouca utilidade simplemente para ofrecer máis cámaras. O sensor
principal de 108 MpÃxeles xa pode considerarse un vello coñecido, que consegue
un grande nivel de detalle, mentres que as outras cámaras que o acompañan teñen
un sensor de 13 MpÃxeles con ultra grande angular e outro de 5 MpÃxeles para
macro, ou sexa, que desta volta Xiaomi non ofreceu ningún teleobxectivo
rechamante (algo que non sorprenderÃa que chegarse en breve nunha versión máis
avanzada deste móbil), mentres que a cámara frontal ten unha resolución de 20
MpÃxeles.
As cámaras ofrecen numerosas funcións avanzadas, que van dende o modo nocturno
até efectos de gravación cinematográfica. Tamén pode gravar vÃdeo con HDR10+ e
conta cun novo modo de time-lapse profesional que axusta a obturación, a
apertura e a sensibilidade da cámara para adaptarse ás distintas situacións de
luminosidade.
Outro punto forte do Mi 11 é a súa pantalla AMOLED de 6,81 polgadas, pro
presentar unha resolución Quad HD+ cun refresco de até 120 Hz, que xunto aos
seus altofalantes estéreo asinados por Harman Kardon consegue unha boa
experiencia audiovisual.
O feito de que o Mi 11 funcione cun procesador Snapdragon 888 non só indica que
ten grande potencia (por exemplo, pode mover xogos con gráficos HDR a 120
imaxes por segundo en resolución Quad HD), senón tamén que integra un modem X60
que permite gozar da 5G máis rápida. O móbil tamén conta con 8 GB de RAM LPDDR5
a 3.200 MHz, conectividade Wi-Fi 6, NFC e emisor de infravermellos. Ten lector
de impresións dixitais en pantalla e desbloqueo facial.
A súa baterÃa de 4.600 mAh pode cargarse a 55 watts con cable, a 50 watts sen
cable, pode ofrecer carga sen fÃos a 10 watts a outros dispositivos (moi práctico
para, por exemplo, cargar o estoxo duns auriculares sen fÃos) e en Europa
incluirá na caixa un cargador GaN de 55 watts, evitando asà as crÃticas da
eliminación do cargador, que estarÃan máis que xustificadas en dispositivos con
cartas ultra-rápidas, xa que non é habitual contar cun destes cargadores nos
fogares (xa que son moi recentes).