O MSI Wind Top AE1900 incorpórase á familia de ordenadores todo-en-un con pantalla táctil
martes, 31 de marzo do 2009
MSI continúa a
reforzar a súa familia de equipos de baixo custo todo-en-un e estrea o Wind
Top AE1900, que funciona cun procesador Intel Atom N230, 2 Gb de
RAM, 160 Gb de disco duro, cámara web de 1,3 MpÃxeles, gravadora de DVD, lector
de tarxetas de memoria, 4 portos USB 2.0, Gigabit Ethernet, Wi-Fi (IEEE
802.11b/g/n) e unha pantalla táctil de 18,5 polgadas cunha resolución de 1.680
x 1050 pÃxeles (HD Ready).
O Wind Top AE1900 tamén destaca por ter un consumo moi reducido (menos de 45 W)
e un funcionamento silencioso (menos de 26 dB). O
seu prezo no Xapón será de 66.539 iens (507,69 euros), polo que
resulta especialmente atractivo, xa que custa moito menos que outros equipos
semellantes (a expensas dun procesador de menor potencia).