O MIU HDPC mestura Windows XP e CE nun único dispositivo móbil
mércores, 22 de outubro do 2008Hai uns meses en
Corea presentaron o que serÃa un curioso hÃbrido entre varios dispositivos
(ultraportátil, reprodutor multimedia, móbil, receptor de TDT móbil…) e agora
que parece converterse en realidade o HDPC de MIU está a captar a atención de
boa parte dos blogs tecnolóxicos do mundo, pois o concepto que parecÃa
estrafalario poderÃa ser moi axeitado para certos usuarios que poñan a
mobilidade coma principal factor.
O MIU HDPC é
realmente un dispositivo hÃbrido, porque ten varios dos seus compoñentes por
duplicado, e asà ten un procesador ARM que funciona co sistema operativo
Windows CE e xestiona unha pantalla AMOLED de 2,4 polgadas cunha resolución de
320 x 240, o uso do teléfono móbil integrado, a toma de fotografÃas e a
reprodución musical; á
vez tamén conta cun procesador Intel Atom que corre con Windows XP e
fai uso dunha pantalla de 4,1 polgadas cunha resolución de 800 x 480 pÃxeles,
que se empregarÃa para navegar pola web, ver mapas ou acceder á TDT móbil
(baixo o estándar surcoreano DMB).
O dispositivo tamén conta cun teclado QWERTY, sobre o que se poden colocar as
pantallas do trebello en diferentes posicións: co teclado accesible (emulando a
un ordenador portátil) ou tapando o teclado (podendo deixar visible a pantalla
principal ou a secundaria, segundo o uso que se queira dar do HDPC).
En conectividade tampouco se queda corto, e o trebello de MIU soporta tanto
HSDPA coma Wi-Fi vendéndose en Corea por un prezo equivalente a uns 300 euros,
o que parece moi axustado para un dispositivo que combina con tanta habilidade
as caracterÃsticas dun teléfono intelixente cun ultraportátil de baixo custo
(aÃnda que cunha estética moi mellorable).
- O HDPC é un dispositivo bastante versátil
En vÃdeo é doado entender os distintos usos do HDPC e a colocación das súas pantallas