O Lumia 550 será máis barato do esperado
xoves, 15 de outubro do 2015
A semana pasada comentamos que nos novos smartphones de alta
gama de Microsoft, o
Lumia 950 e o Lumia 950 XL, xa tiñan definidos os seus prezos para España, que
serÃan de 599 e 699 euros respectivamente, o que parecen estar a confirmar
dende distintas tendas europeas de Amazon, como a francesa, onde atopamos unha
sorpresa moi agradable: o modelo máis modesto, o Lumia 550, que nos
EE.UU. venderase por 139 dólares, finalmente non se venderá por uns
previsibles 149 euros, senón que terá un prezo de 129 euros
(cando menos en Amazon.fr).
Temos asà que o smartphone con Windows 10 para
as masas terá un prezo extraordinariamente competitivo, o que resultará moi
atractivo para o mercado corporativo, que é o máis interesado en integrar un
dispositivo deste tipo nas súas mecánicas de traballo.
Lembremos que o Lumia 550 será un teléfono 4G máis que capaz para a meirande
parte dos usos, combinando pantalla de alta definición de 4,7 polgadas, procesador
Qualcomm Snapdragon 210, 8 GB de almacenamento interno ampliable mediante
tarxetas microSD, cámaras de 5 e 2 MpÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.1 e baterÃa
de 2.100 mAh, que estarÃa na liña dos gama media da familia Lumia de hai un par
de anos, pero cun prezo moi inferior, deixando claro que Microsoft quere continuar
na liña marcada inicialmente polo Lumia 520 e actualmente polo Lumia 640 (que
achegan unha experiencia de Windows Phone completa a un prezo moi axustado).