O Livestream Broadcaster facilita o streaming de vÃdeo sen PC
xoves, 12 de abril do 2012- O Livestream Broadcaster pode conectarse directamente a unha videocámara para emitir en directo a través da Rede
Para a
retransmisión de eventos en directo a través da Rede é moi popular a plataforma
Livestream, que normalmente emprégase conectando unha cámara a un ordenador
persoal, e para gañar versatilidade vai contar en breve cunha nova opción: un dispositivo
autónomo que custa 495 dólares (375,70 euros) e que facilita as retransmisións
en vivo sen un PC.
O Livestream
Broadcaster comezará a distribuÃrse o 31 de maio e consiste nunha caixiña
de 122 x 75 x 32 milÃmetros que opera coa axuda de 3 pilas AA (ou unha toma de
alimentación externa), integra conectividade Fast Ethernet e Wi-Fi N, un porto
USB (ao que poder conectar un modem 3G/4G) e pode captar imaxes a través de
HDMI (e audio mediante un conector de audio de 3,5 milÃmetros). Este trebello
pode controlarse vÃa web ou a través dunha aplicación
para iPhone, e é capaz de converter en tempo real o sinal recibido en vÃdeo
H.264 a 720p (a 2,3 Mbps) e con audio AAC.
As posibilidades deste dispositivo son moitas, pois facilita que o conectemos
directamente a unha videocámara (incluso ter rosca para trÃpode e outros
adaptadores), e asà aproveitar unha conexión Wi-Fi ou 3G para poder emitir en
vivo para todo o mundo cunha calidade moi superior ao que ofrecen outras
solucións máis económicas como LiveShell
(solución que emprega a plataforma Ustream para emitir, pero cunha resolución
de vÃdeo estándar).
- O Livestream Broadcaster é un dispositivo compacto e que pode operar ata 3 horas con 3 pilas AA