O Lenovo Z5 Pro GT podería ser o primeiro móbil cun Snapdragon 855 e 12 GB de RAM

martes, 18 de decembro do 2018 Marcus Fernández

O vindeiro 24 de xaneiro vai chegar ao mercado chinés o novo Lenovo Z5 Pro GT, un smartphone que non só quere sorprender polo seu deseño deslizante para así agochar a súa cámara frontal e poder maximizar o espazo ocupado pola pantalla na súa parte dianteira (até o 95,06%), senón que tamén quere chegar cunha configuración impresionante que probablemente sexa o primeiro teléfono en incorporar un procesador Qualcomm Snapdragon 855 e até 12 GB de RAM.
Este smartphone incorpora unha pantalla Super AMOLED de 6,39 polgadas cunha resolución de 2.340 x 1.080 píxeles, cámara traseira dual (cun sensor Sony IMX519 de 16 Mpíxeles con apertura f/1.8 e un sensor Sony IMX576 de 24 Mpíxeles con apertura f/1.8), cámara frontal de 16 Mpíxeles con apertura f/2.2, cámara frontal secundaria de 8 Mpíxeles e con infravermellos para desbloqueo facial, lector de pegadas dixitais integrado en pantalla, Wi-Fi AC, Bluetooth 5, NFC, batería de 3.350 mAh con carga rápida por USB-C, e configuracións que van dende un modelo básico con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento que venderase a 2.698 iuans (344 euros) até un modelo con 12 GB de RAM e 512 GB de almacenamento que custará 4.398 iuans (560 euros).

PUBLICIDADE