O LG Velvet sae á venda en Corea a uns 682 euros

xoves, 7 de maio do 2020 Marcus Fernández

Hai algo máis dunha semana LG adiantou detalles do que será o seu novo móbil insignia, o LG Velvet, que vén a ser un smartphone de gama media-alta, cun deseño orixinal e unhas especificacións bastante discretas, que finalmente ve a luz en Corea do Sur confirmándose o peor: un prezo de 899.800 wons (682 euros), que vén a ser o dobre de móbiles moi semellantes de fabricación chinesa. Confíase en que o móbil chegue pronto a España, pero seu posible prezo faría que un ano máis o móbil insignia de LG pasase desapercibido nun mercado extraordinariamente competitivo.
Lembremos que o LG Velvet é un smartphone cunha pantalla P-OLED Full HD+ de 6,8 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 765G, 8 GB de RAM, 128 GB de almacenamento interno, cámara traseira tripla cun sensor principal de 48 Mpíxeles, cámara frontal de 16 Mpíxeles, NFC, conector para auriculares, Bluetooth 5.0, NFC, protección IP68 e batería de 4.300 mAh con carga sen fíos.

O LG Velvet pretende chamar a atención polo seu deseño, aínda que o seu procesador impediría considerar que estamos ante un móbil de gama alta