O LG V40 ThinQ terá 5 cámaras

xoves, 27 de setembro do 2018 Marcus Fernández

Está previsto que no mes de outubro LG poña á venda en Corea do Sur o seu novo LG V40 ThinQ, e anticipándose ao seu lanzamento publicaron un vídeo no que deixan ver un dos seus elementos principais: contará con cámara traseira tripla. Pero a cousa non rematará aí, senón que tamén gozará de cámara frontal dual, de xeito que teremos un teléfono cun total de cinco cámaras, coas que pretende despuntar no apartado fotográfico, seguindo os pasos de terminais como o Huawei P20 Pro, que grazas ao uso de obxectivos adicionais conseguiu un nivel de excelencia sen rival.
O LG V40 contará cunha pantalla de 6,4 polgadas, venderase en tres cores (gris platino, vermello carmín e azul marroquí) e terá as mesmas dimensións que o LG V30 (ou sexa, que fará un maior aproveitamento do espazo). Probablemente estará equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 845 e 6 GB de RAM, aínda que os detalles deste móbil non se confirmarán até a súa presentación oficial o 3 de outubro.

Vídeo de adianto do LG V40 ThinQ

PUBLICIDADE