O LG V30 estrea cor rosa framboesa
mércores, 3 de xaneiro do 2018
A
finais de agosto LG presentou
o seu smartphone de alta gama LG V30 no marco da feira IFA de BerlÃn e
agora que se celebra o CES en Las Vegas aproveitan a ocasión para lanzar un
novo modelo deste completo teléfono, que limÃtase a mudar de cor a súa carcasa
para chamar poderosamente a atención. A nova cor do LG V30 descrÃbena como rosa
framboesa, unha versión saturada intensa do vermello que chegará
ao mercado cun obxectivo moi claro: converterse nun agasallo ideal para o DÃa
de San ValentÃn.
Até o momento o LG V30 estaba dispoñible en negro aurora, prata nube, azul
marroquà e violeta lavanda, cores bastante elegantes, aÃnda que este teléfono con
grandes acabados de calidade en vez de gañar aos consumidores polos ollos
pretende principalmente captar a amantes da multimedia, xa que este terminal
coida especialmente as súas cámaras (a súa cámara traseira principal de 16
MpÃxeles ten unha apertura f/1.6 e un obxectivo Crystal Clear) e o seu son,
integrando un Quad DAC de alta fidelidade co selo de B&O PLAY, de xeito que
ofrece unha calidade para a reprodución musical sen igual no mundo da telefonÃa
móbil.