O LG Smarty leva Internet aos televisores
mércores, 4 de maio do 2011
LG ten no mercado
distintos televisores coa tecnoloxÃa Smart
TV, o que lles facilita o acceso a distintos servizos en liña, e para os
usuarios que teñan televisores menos avanzados anuncian agora o LG
Smarty TV Box (ou Smarty ST600), un dispositivo que conta con HDMI para conectarse
á pantalla e Wi-Fi para acceder á Rede, e que facilita o acceso ao correo
electrónico, a Google, Facebook, novas, predicións meteorolóxicas e incluso o
acceso a contidos Premium sen ter que utilizar un ordenador para iso.
Entre os contidos de televisión á carta dispoñibles para este dispositivo están
os de Antena 3, Terra e TV3, incorporándose o mes que vén La Sexta. Tamén conta
cun amplo catálogo de pelÃculas a xeito de videoclub e acceso a música (Los 40 e vTuner)
e mesmo a Red Karaoke.
As redes sociais tamén estarán dispoñibles a un clic co Smarty, que facilita o
acceso a YouTube, Facebook e Twitter; servindo tamén para reproducir no
televisor pelÃculas, fotografÃas e música almacenadas nun disco duro ou memoria
USB e mesmo no noso ordenador (xa que o trebello é compatible con DLNA).
A data de lanzamento e o prezo en España deste atractivo produto aÃnda non foi
comunicado por LG.