O LG SMART TV facilita o consumo doméstico de contidos na Internet
mércores 1 de setembro do 2010, por |
LG Electronics
aproveitou a súa presenza no IFA de Berlín para presentar
os seus novos televisores SMART TV, que incorporan conectividade á Rede,
aplicacións en pantalla (que facilitan o acceso a multitude de contidos na
Internet) e incluso un revolucionario mando a distancia chamado Magic Motion
Remote Control que garda certas semellanzas
co mando da Wii, xa que permite navegar polos contidos no televisor
apuntando o mando cara a eles e premendo un único botón.
Estes novos televisores tamén facilitan o consumo de contidos dixitais mediante
Media Link, facilitando o acceso a vídeos e imaxes do usuario, así coma o
acceso aos contidos televisivos dende dispositivos conectados coma teléfonos
intelixentes, reprodutores multimedia portátiles ou o iPad.
Actualmente LG está a negociar con distintos provedores a posibilidade de levar
contidos premium aos seus novos
televisores SMART TV, que vermos no mercado a comezos do ano que vén.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















