O LG Q7 terá resistencia á auga
luns, 21 de maio do 2018
Comezamos o mes coa presentación
do LG G7 ThinQ, pero este smartphone
surcoreano está dentro da gama alta, espazo no que LG ten bastante complicado
tomar posicións ante a elevada competencia, de aà que veñan de presentar un
teléfono que posiblemente vaia ter unha presenza comercial moi superior ao
estar situado na gama media: o
LG Q7.
Ao igual que o LG Q6
sorprendera incluÃndo pantalla FullVision (ou sexa cunha relación de
aspecto de 18:9, algo pouco frecuente na súa gama hai un ano), o LG Q7 baséase
no mesmo principio, e chegará cunha pantalla de 5,5 polgadas cunha resolución de
2.160 x 1.080 pÃxeles, procesador de 8 núcleos, Wi-Fi N, Bluetooth 4.2, NFC,
USB-C, lector de pegadas dixitais radio FM e resistencia ao po e á auga (IP68)
que chegará en tres configuracións de memoria e cámaras, con cadanseu nome de
modelo.
AsÃ, o LG Q7+ serÃa o modelo máis completo, con 4 GB de RAM, 64 GB
de almacenamento (ampliable mediante tarxetas de memoria de até 2 TB), cámara
traseira de 16 MpÃxeles, cámara frontal de 8 ou 5 MpÃxeles e Quad DAC de alta
definición.
O LG Q7 baixarÃa a súa configuración a 3 GB de RAM, 32 GB de almacenamento
interno (ampliable con tarxetas de memoria de até 2 TB), cámara traseira de 13
MpÃxeles e cámara frontal de 8 ou 5 MpÃxeles; mentres que o modelo máis básico,
o Q7α, na súa cámara frontal só contarÃa con cámara de 5 MpÃxeles.
As cámaras frontasi de 5 MpÃxeles desta familia de móbiles destacarÃa por ser
de super grande angular (recollerÃan na imaxe 100 graos) e estes móbiles tamén
contarÃan con modo retrato na cámara frontal, ou sexa, que poderÃan captar caras
desenfocando o fondo, atendendo as tendencias do mercado.
AÃnda non sabemos cando chegarán estes móbiles ao mercado español, pero deberÃa
estar dispoñible en poucas semanas a un prezo moi axustado, facendo máis
accesible ao público prestacións como a resistencia á auga e os pagamentos
móbiles mediante NFC, que poden ser elementos decisivos á hora de adquirir un
smartphone dun fabricante surcoreano fronte a un móbil chinés.
- A familia de móbiles LG Q7 chegará ao mercado en distintas cores