O LG Optimus G terá procesador de 4 núcleos, 2 Gb de RAM e cámara de 13 Mpíxeles

martes, 18 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Hoxe LG fixo oficial o seu novo móbil insignia, o LG Optimus G, que pretende permitir aos usuarios “vivir sen fronteiras” grazas ás súas levadas prestacións, como un potente procesador Snapdragon S4 Pro de 4 núcleos a 1,5 GHz, uns xenerosos 2 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno, pantalla True HD IPSPLUS de 4,7 polgadas cunha resolución de 1.280 x 768 píxeles, cámara traseira de 13 Mpíxeles, cámara frontal de 1,3 Mpíxeles, conectividade 2G/3G/LTE, Bluetooth 4.0, Wi-Fi, USB 2.0, A-GPS, MHL e DLNA, NFC, Android 4.0, unha batería de 2.100 mAh (que permite unha autonomía de ata 15 horas en conversa e 335 horas en espera) e todo iso en só 8,45 milímetros de grosor e con 145 gramos de peso.
Entre as novidades do Optimus G temos a función QSlide (que permite amosar 2 pantallas á vez para poder facer 2 tarefas de xeito simultáneo, como escribir unha mensaxe de texto mentres se busca na web ou se reproduce un vídeo), Live Zooming (para mellorar a experiencia de reprodución de vídeo), Dual Screen Dual Play (permite empregar unha pantalla externa, tanto para mirroring como para amosar contidos diferentes en cada unha), QuickMemo (para tomar notas co dedo dun xeito áxil), Screen Zooming (permite achegarse ou afastarse en listaxes no reprodutor musical, no correo electrónico, nas mensaxes de texto ou nas galerías fotográficas), Application Link (programa o lanzamento de aplicacións tras a reprodución de certa alarmas) e Icon Personalizer (deixa personalizar iconas editando o seu tamaño e engadindo imaxes ás aplicacións máis frecuentes para facelas máis accesibles).

O LG Optimus G incorpora novas funcionalidades que van máis aló do seu hardware

PUBLICIDADE