O LG Optimus G anúnciase como o novo smartphone de alta gama ao que aspirar

martes, 28 de agosto do 2012 Marcus Fernández

O novo teléfono de referencia de LG xa é oficial, e a primeira compañía en comercializar o LG Optimus G será NTT DoCoMo, de xeito que os xaponeses contarán cunha versión deste terminal antes de que en setembro chegue a Corea do Sur e, posteriormente, ao resto do mundo. Estamos ante un impresionante terminal móbil cun procesador Qualcomm Snapdragon S4 Pro de 4 núcleos a 1,5 GHz, gráfica Adreno 320, conectividade LTE (4G), Android 4.0, pantalla IPS+ de 4,7 polgadas cunha resolución de 1.280 x 768 píxeles, 2 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno, cámaras de 13 e 1,3 Mpíxeles, Bluetooth 4.0, Wi-Fi, USB 2.0, A-GPS, MHL, DNA, NFC, batería de 2.100 mAh, un peso de 145 gramos e un grosor de só 8,45 milímetros, ou sexa, un smartphone que superaría aos seus competidores en case todos os aspectos, que destaca especialmente por ser o primeiro en chegar ao mercado co novo procesador de 4 núcleos de Qualcomm, que busca competir co emerxente nVIDIA Tegra 3, ofrecendo tamén unha combinación de grande potencia de cálculo con aforro de enerxía.
Entre as características máis curiosas que ten o LG Optimus G é que, de conectalo a un televisor, permite tanto facer mirroring (amosar a mesma imaxe no móbil e no televisor) como utilizar a pantalla externa como monitor secundario (o que, por exemplo, permitiría amosar unha presentación nun televisor mentres que no móbil poden lerse anotacións sobre a mesma).

PUBLICIDADE