O LG LEX8 estreará tecnoloxía NANO LED de só 88 milímetros
luns 30 de agosto do 2010, por |
Os vindeiros días LG amosará
na feira IFA de Berlín unha nova xeración de paneis planos que supoñen unha
evolución da tecnoloxía LED que dan en chamar NANO por reducir aínda máis o
grosor dos televisores LED ata uns 0,88 centímetros, coma poderá verse no televisor
LG LEX8, que conta cun refresco de 400 Hz, é compatible con contidos 3D e
tamén ten a súa pantalla recuberta cunha capa anti-reflectinte que mellora a
visualización incluso á luz do sol.
O televisor LG LEX8 consegue unhas cores máis naturais, un maior contraste e un
maior rango de cores grazas á manipulación de bloques individuais de LED. Tamén
integra 2 altofalantes invisibles de
7 W cada un, tecnoloxía Clear Voice II, mando a distancia Magic Motion e USB
2.0 (porto no que cargar contidos multimedia coma fotografías, música e incluso
vídeo DivX HD).

Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















