O LG KU580 suma elegancia e conectividade 3G

venres, 22 de xuño do 2007 Marcus Fernández

LG quere repetir o éxito do LG Chocolate cos seus novos móbiles, sen deixar de incorporar novas prestacións ós mesmos, e con tal intención chega o LG KU580, que conserva o aspecto elegante dos seus predecesores, pero inclúe conectividade UMTS, polo que resulta moito máis atractivo para acceder a servizos de datos e para navegar pola Rede. De feito, o novo terminal integrará servizos coma Gmail ou Google Maps.
O KU580 conta cunha cámara dixital VGA para videochamadas e outra de 2 Mpíxeles para sacar fotografías, inclúe radio FM, reproduce MP3 (podendo incrementarse a súa memoria mediante tarxetas microSD) e chegará a Europa da man de Vodafone.

PUBLICIDADE