O LG KS20 permite conectarse a 3,2 Mbps

mércores, 29 de agosto do 2007 Marcus Fernández

LG presentará os vindeiros días no IFA de Berlín o seu novo terminal telefónico KS20, que sorprende polas súas elevadas prestacións, xa que en só 12,8 mm de grosor inclúe unha pantalla táctil de 2,8 polgadas e unha cámara de 2 Mpíxeles, funciona co sistema operativo Windows Mobile 6.0 e pode conectarse mediante HSDPA a unha velocidade de ata 3,2 Mbps, ou sexa, que ten banda larga móbil nas zonas con cobertura.
Este novo teléfono intelixente tamén funciona coma reprodutor multimedia, soporta Bluetooth 2.0, permite facer videochamadas e recoñece a escritura. Sen dúbida, unha interesante incorporación á familia de teléfonos con grandes pantallas táctiles.

PUBLICIDADE