O JooJoo amósase en vÃdeo
luns, 5 de abril do 2010
Nun momento no que todos os
medios están a prestar atención ao iPad, o JooJoo de FusionGarage quere ver a
luz, o que parece un serio problema de planificación, pois deberÃa terse
anticipado para non verse eclipsado polo produto de moda, e o que antes vÃase coma o revolucionario CrunchPad, agora queda coma unha mera
imitación dun produto de Apple.
A
xente de Engadget foi a primeira en comprobar que o JooJoo é un produto real
e non puro fume (coma temÃan moitos, antes as demoras do seu lanzamento), e
finalmente temos un equipo cunha pantalla panorámica de 12,1 polgadas cunha
resolución de 1.366 x 768 pÃxeles, procesador Intel Atom a 1,6 GHz, 4 Gb de almacenamento
interno, conectividade Wi-Fi e Bluetooth, webcam e, especialmente, un sistema
operativo orientado á web (compatible con Adobe Flash) e capaz de reproducir vÃdeo en alta definición, aÃnda
que conta con atrancos como unha autonomÃa reducida (ata 5 horas, mentres que o
iPad dura unhas 10), un peso considerable (1,1 quilos, máis próximo a un
ultraportátil que ao tablet de Apple)
e un prezo bastante elevado (uns 500 dólares), de xeito que será difÃcil velo
facerse un oco no mercado.
Cómpre destacar que a súa interface de usuario é bastante boa, coma podemos ver
no vÃdeo que publican en Engadget: