O Internet Explorer imponse como o produto máis influínte dos últimos 25 anos, segundo a AITI

luns, 20 de agosto do 2007 Matías Olazabal

A xeito de celebración dos seus 25 anos de historia, a Asociación Industrial de Tecnoloxía Informática (Computing Tecnology Industry Asociation) levou a cabo unha enquisa entre os seus membros para atopar os dez produtos tecnolóxicos máis influentes dos últimos cinco lustros. Entre os gañadores do certame atopamos unha masiva presenza de produtos da casa Microsoft, firma que finalmente acadou (grazas as seus programas) as cinco primeiras posicións do devandito ranking.

O Internet Explorer situouse como claro gañador, pero lonxe de ser o único, segue na listaxe o Word, o Windows 95, e o Excel, programa que ficou empatado en votos co iPod, o único produto que non é da casa Gates e que puído situarse entre os cinco primeiros postos.

Do quinto chanzo da listaxe en adiante a cousa vai mudando moito, e no sexto posto atópase o Blackberry, seguido polo Photoshop de Adobe, programa xa indispensable para a publicación de fotografías en calquera medio de comunicación. Os últimos tres postos da enquisa están pechados polo McAfee ViruScan, o Netscape Navigator, e o PalmPilot chegado ao mercado no ano 1996, que daría lugar á chegada das PDAs.

PUBLICIDADE