O I Encontro Nacional de Asesores TIC remata cun acordo de colaboración

martes, 20 de novembro do 2007 Raquel Noya

Hoxe rematou o I Encontro Nacional de Asesores TIC, organizado por Fundetec, en colaboración co Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, que pretendía proporcionar un entorno de colaboración entre as distintas redes de asesoramento TIC existentes no momento para facilitarlles a labor de inclusión á Sociedade da Información a pequenas e medianas empresas e autónomos.
As entidades organizadoras chegaron ó compromiso común de crear un ámbito de cooperación entre os Asesores TIC que na actualidade se adican a impartir e fomentar o emprego das novas tecnoloxías nas pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos, facendo un esforzo conxunto entre elas para poder levar a cabo o mellor traballo posible.
A devandita conclusión despréndese da xornada celebrada en Madrid nos últimos días onde se presentou o programa Soporte Asesores TIC para PEMES, e na que se deron cita os responsables de entidades de promoción das novas tecnoloxías da meirande parte das comunidades autónomas e asesores TIC de distintas redes xa creadas ou en proceso de constitución pertencentes a entidades de CC.AA.
A idea de crear unha rede de Asesores TIC que compartan ferramentas e coñecemento, facilita unha formación adecuada para os asesores TIC que realizan a labor de inclusión dixital en empresas e microempresas.

PUBLICIDADE