O Huawei Watch preséntase como un dos dispositivos con Android Wear máis elegantes
luns, 2 de marzo do 2015- Richard Yu presentou o Huawei Watch en Barcelona
Nas últimas semanas non foron poucos os fabricantes que
amosaron as súas novas propostas de smartwatch
para adiantarse ao lanzamento de Apple, e aproveitando o comezo do Mobile World
Congress de Barcelona Huawei non quixo ser menos que o resto e o seu director
xeral, Richard Yu, amosou ao mundo o seu novo Huawei
Watch, que destaca por ser un dos reloxos con Android Wear co deseño máis
tradicional, xa que adopta un corpo de aceiro inoxidable, unha pantalla redonda
con cristal de zafiro cun diámetro de 42 milÃmetros e correas intercambiables.
Estamos ante un reloxo cun grosor de 11,3 milÃmetros, que chegará ao mercado en
tres cores distintas (negra, ouro e prata) e que, baixando ao nivel das súas
especificacións técnicas conta cunha pantalla AMOLED de 1,4 polgadas cunha
resolución de 400 x 400 pÃxeles, un procesador Qualcomm APQ8026 a 1,2 GHz, 512
MB de RAM, 4 GB de almacenamento interno, Bluetooth 4.0/4.1, xiroscopio,
acelerómetro, barómetro, pulsÃmetro, motor de vibración, micrófono e baterÃa de
300 mAh.
Deste xeito temos un reloxo de pulso orientada en grande medida a monitorizar
as nosa actividade diaria, facilitarnos a comunicación a través do móbil e
permitirnos igualmente vestir un accesorio de moda que resulte o
suficientemente discreto como para evitar os reparos que teñen moitos
consumidores á hora de levar wearables. Polo momento non anuncian nin data de lanzamento nin prezo deste atractivo produto.
- O reloxo consegue casar Android Wear cun deseño elegante
VÃdeo no que afondan no deseño do Huawei Watch