O Honor V8 Max terá unha pantalla de 6,6 polgadas

luns, 4 de xullo do 2016 Marcus Fernández

Agora que os fabricantes parecen haber normalizado o tamaño dos smartphones entre as 4,7 e as 5,5 polgadas, algunhas compañías ousan a sacar terminais aínda máis grandes, e as filtracións que veñen dende a entidade de certificación chinesa TENAA desvela como será o novo Honor V8 Max, dispositivo de Huawei que atreveríase a lucir unha pantalla de 6,6 polgadas.
Confíase en que este mesmo mes (posiblemente a semana que vén) preséntese en sociedade o Honor V8 Max, que sería un smartphone impresionante pola súa pantalla AMOLED de 6,6 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.440 píxeles, mentres que o resto de prestacións axustaríanse bastante ao que ofrecen o resto de terminais de gama media do mercado, como un procesador Kirin 950 de 8 núcleos a 2,3 GHz, 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante microSD). As súas cámaras son de 13 e 8 Mpíxeles, ten un grosor de 7,2 milímetros, un peso de 219 gramos, unha xenerosa batería de 4.400 mAh e sistema operativo Android 6.0.
Os smartphones están a xogar nun campo bastante complexo, no que resulta difícil trazar a liña entre o teléfono e a tableta, pero que parece atender a unha demanda de moitos consumidores que nos últimos meses perderon o pudor por usar smartphones de grandes dimensións e ante o seu moderado uso dos servizos da voz optan por pantallas enormes que atenden mellor os usuarios máis habituais dos dispositivos (como é a consulta de contidos).

PUBLICIDADE