O Honor Magic aposta polo deseño coidado e a intelixencia artificial
venres, 16 de decembro do 2016
Nas vindeiras horas sairá á venda en China o novo smartphone
estrela de Huawei, o Honor Magic, que
comercializarase a un prezo de 3.699
iuans (uns 510 euros) con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento, á vez que
tamén incorporará como funcionalidade máxica
o sistema de intelixencia artificial Magic Live, que mediante os sensores que integra
o terminal permitirá que o fabricante chinés compita co Asistente de Google,
permitindo que o móbil suxira pelÃculas cando estas a chatear sobre cine, que
detecte cando vas ao volante para pórse en modo condución, que presente información
sobre o tema da páxina web que teñamos aberta ao premer de xeito prolongado o
botón de inicio ou incluso que cando nos acheguemos a un cine aparecerá en
pantalla o noso número de reserva para axilizar a entrada. Polo momento estas
prestacións parecen deseñadas para o mercado chinés, pero dado o nivel de internacionalización actual
de Huawei non serÃa de sorprender que nos vindeiros meses puidesen desenvolver
funcións axeitadas ao resto do mundo.
As especificacións do Honor Magic son bastante elevadas, xa que estamos ante un
teléfono con pantalla AMOLED de 5,09 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.440
pÃxeles (ou sexa, 577 puntos por polgada, densidade de pÃxeles realmente
impresionante, que practicamente só superarÃa o Sony Xperia Z5 Premium grazas á
súa pantalla 4K), procesador Kirin 950 de 8 núcleos a 2,3 GHz, dobre cámara
traseira de 12 MpÃxeles con apertura f/2.2, dobre cámara frontal de 8 MpÃxeles
con apertura f/2.0, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.2, lector de pegadas dixitais,
baterÃa de 2.900 mAh (que poderÃa cargarse até o 40% en só 10 minutos, ou até o
70% en 20 minutos), un grosor de 7,8 milÃmetros e un peso de 145 gramos.
Un dispositivo realmente atractivo, que agradecerán os que queiran facerse cun
smartphone de referencia nun tamaño relativamente contido (ou sexa, sen apostar
polas 5,5 polgadas).