O HTC U11 pode controlarse con apertóns
martes, 16 de maio do 2017
AÃnda que HTC leva uns anos sen conseguir destacar entre o
competido mercado dos smartphones con Android (pese a ser un dos seus pioneiros),
agora poderÃa escalar posicións grazas ao seu novo teléfono de alta gama, o HTC U11, que non só ten
unhas boas prestacións, senón que busca innovar mudando o xeito de controlar o
dispositivo ao integrar Edge Sense, unha tecnoloxÃa que permite interactuar co
terminal mediante a forza do seu agarre, ou sexa, que cun apertón poderemos
disparar fotografÃas, lanzar aplicacións, enviar mensaxes en marcha... en
definitiva, que simplifÃcase o control do móbil.
O HTC U11 tamén aposta por presentar unha superficie de cristal lÃquido que
consegue asombrosas cores, ten un deseño moi delgado e simétrico, a súa
pantalla de 5,5 polgadas presume de fidelidade de cor e incluso vén acompañado
por uns auriculares intrauditivos HTC USonic que combinan a cancelación de
ruÃdo activa coa capacidade de axustar o audio ao novo ouvido, conseguindo unha
calidade sonora excepcional.
A nivel de cámara, en vez de apostar pola dobre
cámara e o desenfoque selectivo, o HTC U11 opta por conseguir mellores
fotografÃas e vÃdeos empregando un maior rango dinámico, o que chaman HDR Boost,
que xunto ao enfoque automático UltraSpeed e un sistema de estibilización
electrónico consegue resultados de calidade.
No tocante ás súas especificacións, falamos dun smartphone con pantalla Super
LCD 5 Quad HD de 5,5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 835 de 8 núcleos,
4/6 GB de RAM, 64/128 GB de almacenamento (ampliable mediante tarxetas de
memoria de até 2 TB), cámaras de 16 e 12 MpÃxeles, 4G de categorÃa 15 (capaz de
chegar a velocidades de 800/75 Mbps), Wi-Fi AC, Bluetooth 4.2, NFC, resistencia
IP67 e baterÃa de 3.000 mAh con Quick Charge 3.0 a través de USB-C. ConfÃase en
que chegue ao mercado o 1 de
xuño a un prezo que parte dos 749 euros.
VÃdeo promocional do HTC U11