O HTC One M9+ funcionará cun procesador MediaTek

mércores, 8 de abril do 2015 Marcus Fernández

Hoxe HTC presentou unha revisión do seu smartphone insignia, o HTC One M9+, que polo momento será un terminal limitado ao mercado chinés, e que resulta bastante interesante por incorporar un par de novidades: unha pantalla 5,2 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.440 píxeles e un procesador MediaTek Helio X10 (de 64 bits a 2,2 GHz). De feito, sería o primeiro smartphone de alta gama en optar por un chipset de MediaTek.
Este novo terminal tamén vén cunha cámara traseira de 20 Mpíxeles, mentres que a anterior tecnoloxía de cámaras UltraPixel queda agora relegada á cámara frontal. O HTC One M9+ tamén conta con 3 GB de RAM, HTC BoomSound con Dolby Audio, HTC Sense 7, lector de pegadas dixitais e unha batería de 2.840 mAh. Polo momento descoñécese a data na que estará dispoñible e o seu prezo.

O novo smartphone vai dirixido inicialmente ao mercado chinés

PUBLICIDADE