O HTC Flyer sairá á venda en maio

mércores, 13 de abril do 2011 Marcus Fernández

O tablet de HTC con Android presentado durante o Mobile World Congress está a piques de facerse realidade, anunciándose que o HTC Flyer vai chegar ás tendas europeas o vindeiro 9 de maio, descoñecéndose a data na que o trebello actualizará o seus sistema operativo a Android 3.0 (detalle que parece crucial para o seu éxito, pois ao venderse inicialmente con Android 2.x non permitirá unha experiencia de uso satisfactoria para a súa pantalla de 7 polgadas).
O HTC Flyer poderá adquirirse por uns 500 euros no seu modelo con 16 Gb de capacidade e Wi-Fi, incrementando o seu prezo 150 euros de contar con 32 Gb e conectividade 3G.
Este tablet conta con 1Gb de RAM, GPS, compás dixital, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, conector de auriculares, microUSB, cámaras de 5 e 1,3 Mpíxeles, batería de 4.000 mAh, unhas dimensións de 195,4 x 122 x 13,2 milímetros e un peso de 415 gramos.

PUBLICIDADE