O HTC Desire 510 proponse como un smartphone 4G económico

mércores, 27 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Atendendo a un previsible crecemento da demanda de dispositivos con conectividade 4G, HTC amplía a súa gama media co terminal HTC Desire 510, que promete unha veloz conectividade LTE a un prezo asumible, de xeito que non haberá que mercar un smartphone de alta gama para gozar das novas velocidades de conexión que están a ofrecer os operadores de telefonía móbil, e que espérase que incrementen a súa oferta considerablemente en 2015.
O HTC Desire 510 é un smartphone 4G con pantalla de 4,7 polgadas (cunha resolución de 854 x 480 píxeles) que funciona co procesador Qualcomm Snapdragon 410 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 128 Gb), Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, e batería de 2.100 mAh (que permitiría até 17,17 horas de conversa en 3G e 646 horas en espera). Contaría con cámaras de 5 e 0,3 Mpíxeles e Android 4.4 con HTC Sense, terá un grosor de 9,99 milímetros e pesará 158 gramos, agardándose que chegue ás tendas nas vindeiras semanas a un prezo bastante axustado e con carcasas en 4 cores distintas.

O HTC Desire 510 vén coa última versión de HTC Sense, que inclúe HTC Blinkfeed para facilitar que non perdamos ningunha nova importante dos nosos medios favoritos e das nosas redes sociais

PUBLICIDADE