O HTC Desire 500 ponse á venda este mes en Europa
mércores, 7 de agosto do 2013
HTC
presenta hoxe un novo smartphone de gama media para o mercado europeo, o HTC Desire 500, un
terminal con procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria), pantalla de 4,3 polgadas (cunha resolución de 480 x 800 pÃxeles),
cámaras de 8 e 1,6 MpÃxeles, baterÃa de 1.800 mAh e parte do software
que incorpora o HTC One, como BlinkFeed, que deste xeito pode gozarse tamén na
familia Desire convertendo a pantalla de inicio do móbil nun fluxo de información
personalizable (con contidos das nosas redes sociais e fontes informativas
favoritas).
O HTC Desire 500 destaca pola súa cámara traseira de 8 MpÃxeles, que inclúe un
procesador de imaxe dedicado para tomar fotografÃas e vÃdeos HD de bastante
calidade, á vez que a súa cámara frontal de 1,6 MpÃxeles resulta aceptable para
disparar auto-fotos. Tamén conta con detector de sorrisos, filtros creativos e
funcións para compartir as imaxes nas nosas redes sociais sen necesidade dun PC.
Entre o seu software tamén temos Video Highlights, que permite recompilar
imaxes e vÃdeos de un evento ou duns dÃas seleccionados para compor unha
especie de vÃdeo musical de 30 segundos adaptándoos a un dos seus 6 temas
incluÃdos.
Este novo smartphone de HTC porase á venda este mesmo mes, e nalgúns mercados
contará con modelos con dobre SIM e con NFC.
- O HTC Desire 500 quere destacar pola súa cámara