O HP TouchSmart 600 Quad incorpora procesadores Core i7

mércores, 3 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Os equipos informáticos todo-en-un con pantalla táctil aínda son pouco habituais no mercado, e os modelos que hai tenden a ser de reducida potencia, pero dende HP non ven que iso tiña que ser así, de xeito que veñen de mellorar a súa familia HP TouchSmart 600 Quad incorporándollee un procesador Intel Core i7-720QM de 4 núcleos a 1,6 GHz e con 6 Mbytes de memoria caché de segundo nivel, que tamén vén con 4 Gb de RAM, 750 Gb de disco duro de 7.200 rpm, sistema operativo Windows 7 Home Premium de 64 bits e unha pantalla táctil de 23 polgadas, como equipo base, sendo posible chegar a configuralo cun procesador Core i7-820QM a 1,73 GHz con 8 Mbytes de memoria caché de segundo nivel, 8 Gb de RAM, 1,5 Tb de disco duro, sintonizadora de televisión e sistema operativo Windows 7 Ultimate de 64 bits, completando un equipo de alta gama pese ao seu formato compacto e atractivo, aínda que a un prezo un tanto elevado (a partires de 1.699,99 dólares nos EE.UU.).

PUBLICIDADE