O HP Omni10 chega a España a un prezo de 399 euros
venres, 15 de novembro do 2013
HP, atendendo á venda de usuarios que buscan un equipo con
formato de tablet que sexa capaz de desenvolver as tarefas diarias e empregarse
para usos lúdicos, preparou o seu HP
Omni10, que dotado cunha pantalla IPS de 10,1 polgadas cunha
resolución de 1.920 x 1.200 píxeles, procesador Intel Atom Z3000 e 2 Gb de RAM,
é capaz de correr Windows 8.1 e ter unha autonomía de ata 9 horas, detalles xa
de por si atractivos, pero que melloran se comentamos que inclúe o Microsoft
Office 2013 percargado e que sairá
á venda este mes a un prezo de só 399 euros.
- O equpo conta cunha cámara traseira de 8 Mpíxeles
Este atractivo equipo ten un almacenamento interno de 32 Gb ampliables mediante tarxetas microSD, contan con cámaras de 8 e 2 Mpíxeles, micro USB, HDMI, Bluetooth 4.0, Wi-Fi N, un grosor de 9,9 milímetros e un peso de 630 gramos, ou sexa, que vén a ser un ordenador completo metido na forma dun tablet a un prezo máis que asumible, de xeito que non só sería unha boa alternativa aos actuais tablets que hai no mercado, senón que tamén podería substituír a un ordenador portátil (sempre que sexamos conscientes de que a nivel de potencia estariamos ante un equipo no rango dos netbooks).