O Goberno desbloquea as portabilidades telefónicas

martes, 31 de marzo do 2020 Marcus Fernández

Fotografía <a href="https://www.flickr.com/photos/mujitra/6592778831/in/photolist-b3zHsx-b3zJDz-6L28Qr-b5on3K">de Miki Yoshihito</a>Durante a corentena o Goberno decidira conxelar as portabilidades telefónicas, para limitar o traballos das compañías de telecomunicacións ao mantemento das infraestruturas e minimizar as campañas comerciais durante o período de confinamento, pero a ampliación deste período fíxoos recapacitar ao respecto, e finalmente o Consello de Ministros aprobou a recuperación das portabilidades en casos nos que non sexa preciso o contacto físico entre usuario e traballadores das compañías de telecomunicacións, ou sexa, que poderemos mudar de liña telefónica móbil ou fixa, pero o proceso non será posible cando haxa que instalacións de fibra óptica involucradas.
En boa medida tal decisión tomouse para evitar abusos das operadoras ante a imposibilidade de que os usuarios cambiasen de compañía, así como para manter a competitividade de prezo nun momento no que as economías familiares están moi tocadas.
O Goberno tamén aprobou que os paquetes integrados de servizos de telecomunicacións non poderán incrementar o seu prezo até un mes despois da finalización do estado de alarma.

PUBLICIDADE