O GlobeSurfer X·1 permite compartir por Wi-Fi unha conexión 3G
luns, 16 de febreiro do 2009
Mentres Telefónica
anuncia que venderá o Novatel MiFi 2352 en España, Option presenta o
seu GlobeSurfer
X·1, un router Wi-Fi que en vez de conectarse á rede de cable ou de
ADSL, inclúe
un porto USB para conectar un modem 3G e poder compartir asà a súa
conexións a través de Wi-Fi, incluÃndo tamén un segundo porto USB para conectar
un disco duro ou unha impresora e asà compartir o periférico con outros equipos
en rede.
O dispositivo non precisa dunha complicada instalación, pois se accede ao mesmo
directamente dende o navegador web, é capaz de establecer comunicacións sen
fÃos de ata 160 Mbps (empregando os estándares IEEE 802.11b/g/n con soporte
MIMO) e haberá que ver o seu prezo para ver se é unha opción axeitada para os
usuarios que queiran compartir a súa conexión de banda larga móbil entre varios
equipos.