O Galaxy Watch3 trae de volta o bisel xiratorio e incorpora medición da tensión e electrocardiograma
xoves, 6 de agosto do 2020
Tras un tempo apostando polos reloxos conectados de corte deportivo,
Samsung recupera o seu modelo máis clásico, e asà temos o Galaxy
Watch3, smartwatch premium que destaca polo seu bisel xiratorio que resulta
tan práctico como agradable de empregar.
Este reloxo resulta atractivo á vista por presentar unha aparencia semellante á
dun reloxo de pulso tradicional, e sen mudar esta condición dá un importante
salto no ámbito da saúde electrónica, xa que, aparte do habitual monitor
cardÃaco conta tamén con medición da saturación de osÃxeno en sangue ao longo
do tempo, integra detección de caÃdas (para alertar aos contactos seleccionados
en caso de incidentes) e a través da aplicación Samsung Health Monitor
permitirá a medición da tensión arterial e a realización de electrocardiogramas
(prestacións xa dispoñibles en Corea do Sur, pero que están agardando á
autorización dos reguladores sanitarios para poder activalas en Europa).
O Galaxy Watch3 parte dun modelo de 41 milÃmetros que conta cunha pantalla de
1,2 polgadas e baterÃa de 247 mAh que poderá mercarse por 439 euros con Bluetooth
ou 489 euros con 4G, mentres que o modelo
de 45 milÃmetros con pantalla de 1,4 polgadas e baterÃa de 340 mAh custará 469
euros con Bluetooth e 519 euros con 4G.
- O bisel xiratorio para moverse polos menús é a caracterÃstica máis salientable do Galaxy Watch3
VÃdeo promocional do Samsung Galaxy Watch3