O FUTRO S100 incorpora procesador VIA Eden

luns, 20 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Pensando en funcións ofimáticas lixeiras, dende VIA Technologies anuncian a incorporación do procesador VIA Eden na última gama de clientes lixeiros FUTRO de Fujitsu, de xeito que estes equipos de tamaño reducido pasan a contar cun procesador a 500 MHz que gozan dun consumo moi reducido e incluso prescinden de ventilador (para un funcionamento moi silencioso).
Amais, estes equipos coma o FUTRO S100 (que non supera os 11 W a máxima potencia), contan con 1 Gb de RAM, 2 portos USB 2.0, saída VGA, conexión Ethernet, soporte de almacenamento baseado en memoria, e o seu formato compacto permite tanto a súa colocación no noso escritorio coma camuflado detrás dun monitor TFT.
Este tipo de solucións resultan bastante económicas para as empresas, aínda que polo momento non coñecemos o prezo final deste produto que comeza a distribuírse estes días.

O FUTRO S100 pode camuflarse destrás nunha pantalla TFT

PUBLICIDADE