O EyeTV Netstream DTT leva a TDT aos ordenadores a través da súa rede local

venres, 26 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

O popular fabricante de sintonizadores de televisión para equipos de Apple, Elgato, vén de lanzar o seu novo EyeTV Netstream DTT (compatible tanto para Mac como para Windows) que é un dobre sintonizador de TDT que funciona coma streamer, de xeito que podemos conectalo á toma de antena da nosa vivenda e á nosa rede informática local, o que permite que calquera ordenador que teñamos conectado en rede poida acceder aos contidos da televisión, incluso a través de Wi-Fi e soportando a TDT de alta definición a 720p ou 1080i.
Este interesante trebello que permite distribuír o sinal televisivo entre distintos ordenadores tería coma principal eiva o seu prezo, que resulta bastante elevado (249,95 euros). Iso si, conta con dobre sintonizador, de xeito que facilita a gravación dunha canle mentres está a verse outra.

PUBLICIDADE