O Everex CloudBook Max incorpora conectividade WiMAX

mércores, 2 de abril do 2008 Marcus Fernández

Everex é un dos fabricantes que conta con equipos alternativos ó Asus Eee PC, e agora parece que lle colle a dianteira á súa competencia co novo CloudBook Max, que contará cun procesador VIA C7-M ULV, unha pantalla de 8,9 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, Bluetooth, Wi-Fi, Ethernet, GPS, webcam de 2 Mpíxeles, disco duro de 80 Gb, 1 Gb de RAM (ampliable a 2 Gb) e, o máis importante, conectividade WiMAX, polo que fai posible o acceso a redes de banda larga móbil de nova xeración como XOHM (que está a montar Sprint nos EE.UU.) de xeito que se poderá conectar á Internet dende calquera lugar.
O Everex CloudBook Max mide 24,9 x 17,5 x 2,8 centímetros e pesa un pouco menos de 1 quilogramo, polo que aparte de conectividade tamén ten unha boa portabilidade.

PUBLICIDADE