O Energy T5250 grava as emisións da TDT en memorias USB
martes, 10 de marzo do 2009
Coma outros fabricantes
de electrónica de consumo, Energy Sistem tamén decidiu adaptar os seus
receptores de TDT de baixo prezo para funcións de gravación, de xeito que o Energy
T5250 inclúe un porto USB no que podemos conectar unha memoria USB ou
un disco duro externo para gravar os contidos televisivos sen perda de calidade
para logo poder velos dende a comodidade do sofá ou copialos a un ordenador
(función que habitualmente non é posible con gravadores baseados en disco duro
interno).
O Energy T5250 tamén aproveita o seu porto USB para cargar fotografÃas en JPG,
BMP e GIF ou vÃdeos en DivX e XviD que teñen audio en MP3 e WMA (non sendo
compatible con son AC-3). Tamén conta con 2 euroconectores, saÃda de audio
coaxial S/PDIF, guÃa de programación electrónica (EPG) e soporte para teletexto
e subtÃtulos. Todo isto por un prezo
de venda ao público recomendado de só 39,90 euros.