O Dr. Doom chega a Fortnite
venres, 16 de agosto do 2024
O lanzamento da versión para móbiles da tenda de Epic Games prodúcese nun momento moi oportuno, xa que coincide co lanzamento do capítulo 5 da tempada 4 do battle royale de Fortnite titulado Alerta: Doom, no que o xogo recibe a un dos personaxes máis importantes do Universo Marvel, o Dr. Doom.
Lembremos que Fortnite xa recibir o azoute do Thanos, o grande malvado do Universo Cinematográfico Marvel, e tras o remate da súa saga, a historia comezou a construír un grande arco no que a grande ameaza universal sería o conquistador Kang, pero ao non callar esta historia, no marco da pasada Comic Con de San Diego desvelaron que nas novas películas dos Vingadores terían ao Dr. Doom (interpretado por Robert Downey Jr.) como grande adversario dos heroes da pantalla grande.
Dentro da estratexia de posta de actualidade do rexente de Latveria, temos o seu intento de conquista da illa de Battle Royale, onde tamén veremos a personaxes da Marvel como Máquina de Guerra, Gwenpool ou Shuri, para facer fronte á nova ameaza.
Grazas ao poder da caixa de Pandora, Von Doom estableceu o seu poder na illa, establecendo localizacións como o seu castelo, unha aldea cos seus súbditos e incluso unha prisión para superviláns da que poden saír aliados afíns.
Para poder gozar desta experiencia hai que adquirir por 950 paVos o pase de batalla Alerta: Doom, que inclúe a Gwenpool, Máquina de Guerra, Bananerine, Shuri, Emma Frost, Mysterio e ao Capitán Jones portando o escudo do Capitán América. Nas misións do pase de batalla en setembro tamén estará dispoñible a armadura do Dr. Doom.
Tráiler de Alerta: Doom