O Dell Vostro V130 combina potencia e portabilidade

martes, 30 de novembro do 2010 Marcus Fernández

A necesidade de equipos informáticos en mobilidade é para moitos unha loita constante entre unhas elevadas prestacións e unha alta portabilidade, de aí que estean a coller forza os portátiles de tamaño reducido que non conten coas limitacións dos ultraportátiles de baixo custo. Nesta liña chega o Dell Vostro V130, un portátil con pantalla con retroiluminación LED de 13,3 polgadas (cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles), que mide 330 x 230 x 16,5-19,7 milímetros e pesa 1,59 quilos (cunha batería de 6 celas) de xeito que está moi próximo a un ultraportátil, pero diferenciándose claramente polo seu procesador que grazas a o sistema Hyperbaric Cooling non precisa de ventilador para refrixerar o equipo (reducindo considerablemente o ruído).
O equipo poderá mercarse en cor vermella ou prata, estando fabricado en materiais coma o aluminio e a aliaxe de magnesio, con bisagras de zinc, o que dálle robustez a este portátil.que é unha versión actualizada do Vostro V13, que agora conta cos últimos procesadores Intel Core ULV, saída HDMI e VGA, 2 portos USB e outro USB/eSATA. Tamén conta con conectividade Wi-Fi N, opción WiMAX, Bluetooth 3.0 e espazo para tarxetas SIM. Chega ao mercado hoxe mesmo a un prezo de a partir de 479 euros.

PUBLICIDADE