O DJI Mavic 3 sitúase como o novo referente dos drons de consumo
venres, 5 de novembro do 2021
Os drons de consumo de DJI estrean nova xeración cos novos Mavic 3 e Mavic 3 Cine, drons
encartables con cámara que ofrecen grandes capacidades de voo, fotografÃa e diversión.
O Mavic 3 está equipado cunha cámara Hasselblad con CMOS 4/3 cun obxectivo de
24 mm (capaz de disparar fotografÃas de 20 MpÃxeles) e zoom hÃbrido de 28x (a
través dunha telecámara de 162 mm), os seus sensores de detección
omnidireccional teñen un alcance de até 200 metros e as súas baterÃas achegan
até 46 minutos de voo.
No apartado de vÃdeo pode gravar en 5,1K a 50 imaxes por segundo ou a 4K a 120
imaxes por segundo e, os usuarios máis esixentes poden facerse co modelo Mavic
3 Cine, como mellora admite a codificación no formato Apple ProRes 422 HQ para
un mellor procesamento de vÃdeo e integra 1 TB de SSD.
O DJI Mavic 3 incorpora as últimas tecnoloxÃas de detección de obstáculos e
sistemas de navegación. APAS 5.0 combina entradas de 6 sensores visuais de ollo
de peixe e 2 sensores grande angular, que detectan obstáculos en todas
direccións de xeito constante e continuo, e planifica traxectorias de voo para
evitalos incluso en contornos complexos. Tamén inclúe ActiveTrack 5.0 para
facer un seguimento de obxectos mellorado que incluso permite que o dron se
mova co obxectivo mentres este de despraza en calquera dirección, conseguindo
gravacións máis fluÃdas e diversas.
Con DJI O3+ conséguese unha transmisión de vÃdeo estable e fluÃda, cun alcance
de control máximo de 15 quilómetros, sendo especialmente salientable que o
Mavic 3 ofrece transmisións de vÃdeo Full HD a 60 imaxes por segundo, de xeito
que podemos facernos unha mellor idea do vÃdeo que está a rexistrar o dron.
Como é habitual nos drons de DJI, o Mavic 3 tamén ofrece funcións como
MasterShots (que facilita a creación de vÃdeos en poucos minutos para poder
compartir cos amigos), o modo Panorámica (que xunta varias imaxes captadas polo
dron para capturar paisaxes fascinantes) e QuickTransfer (que permite gardar e
procesar materiais nos dispositivos móbiles mediante Wi-Fi 6).
A versión
estándar do DJI Mavic 3 está á venda por 2.099 euros, o lote voa máis
(con 3 baterÃas e outros accesorios) véndese por
2.799 euros e, finalmente, o DJI Mavic 3 Cine Premium (que inclúe numerosos
accesorios) está dispoñible por
4.799 euros.
VÃdeo de presentación do dron DJI Mavic 3